Galicia, zona de risco
07.03.2013 19:44
Un recente informe da Axencia Europea de Medio Ambiente sitúa ao noroeste peninsular unha das zonas de maior risco de consecuencias do calentamento global do planeta. O documento “Impactos do Cambio Climático” sostén que a medio prazo (entre os 50 e 70 anos) o sur do continente será o máis prexudicado polo ascenso das temperaturas, o desxeo ártico e a subida do nivel do mar. Haberá sequías máis prolongadas e os veranos serán máis longos. A Galicia lle afectará de cheo estes factores, que non afectarán da mesma maneira no resto de España. O nivel do mar nas costas galegas subirá aproximadamente 2 mm e case 4ºC ao ano, uns dos valores máis altos en Europa. A estas dúas previsións lle temos que sumar unha máis: as chvias estivais. A axencia augura que o noroeste español un descenso pluviométrico del 29 en verano.A suma destes tres factores, deixa a Galicia nunha situación complicada.